Etiquetas

jueves, 29 de noviembre de 2012

As autoras Ledicia Costas e Montse Pena imparten obradoiros de literatura no IES Pintor Colmeiro

Ledicia Costas e Montse Pena Presas, escritora e crítica literaria respectivamente deron onte  senllos obradoiros sobre poesía e literatura infantil para o alumnado do IES Pintor Colmeiro, alén de falaren das súas derradeiras obras publicadas: O Corazón de Xúpiter e a Estrela do Vento.



A Concellaría de Cultura programa un curso de teatro na Bandeira para os meses de xaneiro e febreiro


 A Concellería de Cultura de Silleda organiza un curso de teatro para os meses de xaneiro e febreiro. O ciclo terá lugar no Centro Cultural Vistalegre da Bandeira e será impartido por Cristina Collazo, actriz e profesora de Literatura, oriunda da localidade. As inscricións poden facerse ata o 20 de decembro no citado centro ou chamando ao 986 585550. O prezo é de 40 euros por persoa.
O curso, dirixido ao público en xeral, ou a actores e actrices amateurs con ganas de compartir e investigar, e combinará sesións prácticas con outras teóricas. As sesións durarán entre 2 ou 3 horas e fixaranse as datas xunto coas persoas interesadas (venres pola noite ou sábados pola mañá.
Na parte teórica abordaráse dende o teatro clásico de Grecia, Cervantes e os Entremeses o século XX con referentes coma Lorca, ou o nacemento do Cabaré, ata as técnicas de contacontos, títeres, o teatro oriental ou cuestións coma o tempo e o espazo dramatico.
Na parte práctica non faltarán a creación de personaxes de Chéjov, xogos de Stanivslaski, ou o traballo da biodinámica e o teatro de campo.
Con esta iniciativa da Concellaría de Cultural propónse pór as bases para unha aprendizaxe de conceptos básicos da escena nun curso de dous meses de duración, sempre e cando se reúna un grupo mínimo de persoas.

Posibilidade de crear un grupo afeccionado

O concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre, sinala que “a partir desta experiencia poderase estudar a posibilidade, se for do interese dos trasdezaos/as e houber un número suficiente de participantes, de conformar unha agrupación teatral afeccionada estábel no Concello de Silleda.

martes, 27 de noviembre de 2012

Máis de 300 alumnos e alumnas de Silleda formarán unha cadea humana contra a violencia de xénero


A mocidade silledense amosará o vindeiro martes día 27 de novembro a súa repulsa cara a violencia de xénero. Así máis de 300 alumnos e alumnas da ESO do IES Pintor Colmeiro e o Colexio Mª Inmaculada participarán a partir das 12:30 nunha grande cadea humana en contra da violencia machista.
A cadea humana sairá de cada un dos centros para  xuntarse no final da rúa María Colmeiro e intercambiaren obxectos simbólicos escollidos para a ocasión entre os dous centro a fin de chegar ao principio da cadea de cada centro o obxecto escollido polo outro centro.
No punto de intersección haberá unha intervención pola parte dos alumnos/as dos dous centros de Secundaria do concello para deixar constancia do evento e da posición da mocidade trasdezá contra a violencia machista. O acto está convocado pola Concellaría de Educación do Concello de Silleda e colaboran activamente nel a comunidade escolar dos dous centros mencionados.




viernes, 23 de noviembre de 2012

I concurso fotográfico de Nadal na Bandeira

A Asociación Cultural Vista Alegre da Bandeira, acaba de pór en marcha un  concurso fotográfico, a temática será a vila da Bandeira e os que queiran participar terán de prazo ata o día 5 de Decembro. A persoa gañadora recibirá 150€!



lunes, 19 de noviembre de 2012

A Banda da Bandeira celebra o seu trinta aniversario

...e será por todo o alto!
A cita é o vindeiro sábado 24 de Novembro a partir da 20:00 horas no Auditorio Manuel Dopazo, da vila da Bandeira, onde teremos a oportunidade de ver o documental de Manuel Otero, "A música da Bandeira" (do cal se repartirán copias para os veciños da vila e para as bibliotecas), alén diso teremos a actuación da Banda de Veteranos!

Achégate a celebrar o noso aniversario na Bandeira!


Emblema da Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira

XXXIV Semana Cultural de Cira

Un ano máis, e xa van 34, a parroquia máis septentrional do noso concello artella unha  a súa xa senlleira, Semana Cultural. Desta volta, serán 3 días cheos de actividades:

-Xoves 22 de Novembro ás 9 da noite: charla sobre a paisaxe de Cira e do Val do Ulla. "Un percorrido polo Val do Ulla. A parroquia de Cira" e proxección do documental "A memoria nos tempos do wolfram" de Antón Caeiro.

-Venres 23 de Novembro ás 9 da noite: concerto da Banda Xuvenil da Bandeira.

-Sábado 24 de Novembro ás 9 da noite: cea-baile amenizada polo dúo Meritxell

Cómpre salientar os anos que está parroquia leva comprometido coa popularización e difusión cultural entre os seus veciños.



Xornadas musicais en Silleda

Co gallo da celebración da festa patronal dos que se adican á Música, a Banda de Música de Silleda artella tres xornadas adicadas á música, que contarán coas seguintes actividades:


-Concerto o xoves 22 de Novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Silleda a cargo da Banda de Música Infantil de Silleda, a Banda de Música Xuvenil de Silleda e o Coro da Escola de Música de Silleda.

-Merenda para o alumnado da Escola de Música de Silleda e concerto de "Cé orquesta pantasma" o venres 23 de Novembro. Será na Escola de Música e está organizado pola ANPA do centro,  "Musiquiños".

-Concerto da Banda de Música Municipal de Silleda, o sábado 24 de Novembro no auditorio da Semana Verde de Galicia ás 19:00 horas.

Achégate a desfrutar cos nosos músicos!


lunes, 12 de noviembre de 2012

III MAGOSTO CONCERTO DE ADELLÍS








 A asociación cultural Adellís celebrará o vindeiro 16 de novembro o seu III Magosto Concerto, no bar Recanto. A cita será ás 21:00 horas, haberá castañas e moita música.
ACHÉGATE!



Pódese ser unha mostra da súa músicas nas seguintes ligazóns: 
https://www.youtube.com/watch?v=PX4sqhnBr78
https://www.youtube.com/watch?v=jwF5_vrJVeE

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Documental Deixádeos Pasar na Bandeira

Presentación o sábado 10 de novembro ás 19:30 horas no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, unha obra de "Creativa Ollo de Vidro" baseada na obra de Rosalía de Castro.










martes, 6 de noviembre de 2012

Magosto popular en Ponte

Coma noutras parroquias, a parroquia de Ponte terá o seu magosto este outono, concertamente o vindeiro sábado 10 de novembro, por so 6€ poderedes desfrutar dun menú composto de castañas, panceta e viño, alén de café e chocolate! a cita é a partir das 9:30 da noite no local social de Ponte, e para reservar cómpre chamar aos números que figuran no cartaz.


Xornadas da Ciencia en Galego no IES Pintor Colmeiro de Silleda

3 Días adiacados á ciencia no IES Pintor Colmeiro, 3 días con proxeccións e conferencias para dar a coñecer o pensamento e a investigación científica en galego!


Na imaxe o químico e xeólogo galego Isidro Parga Pondal, tan importante na ciencia galega que as bolsas de investigación para científicos noveles, recentemente eliminadas, levaban  os seu nome 



Na imaxe, Ramón Verea homenaxeado este ano polo Día da Ciencia en Galego pola invención dunha protocalculadora, que permitía a realización mecánica de multiplicacións xa no século XIX.



Magosto Popular no Centro Cultural Vista Alegre o venres 9 de novembro

4º CONCURSO DE POSTRES DO OUTONO

O ÚNICO REQUISITO É QUE OS POSTRES SEXAN ELABORADOS CON FROITOS TÍPICOS DESTA ÉPOCA DO ANO. DEBRÁN PRESENTARSE NO CENTRO CULTURAL ANTES DAS 19´00 h. DA TARDE (As bases poderán ser consultadas no Centro Cultural)

 

HABERÁ CASTAÑAS  ASADAS, BOLO PREÑADO, POSTRES ESPECIAIS E VIÑO, TODO ESTO ACOMPAÑADO DE BOA MÚSICA A CARGO DO

DÚO MASTER

                   
 

DATA: Venres 9 de Novembro 2012


HORA: A partires das 20´30 h. da noite

LUGAR: Centro Cultural “Vista Alegre”

Exposición de fotos antigas en Fiestras o sábado 10 de Novembro

Este sábado terá lugar unha xuntanza dos veciños de Fiestras na antiga Escola de Aragonza. A xornada comezará as 16:00 horas e contará cunha exposición xeográfica da parroquia de Fiestras, seguida dunha proxección de fotos antigas, amenizada cos Gaiteiros Pao de Buxo de Saídres e cunha paparota de castañas. Achégate a coñecer a túa parroquia!




Recital polo Trixésimo aniversario da Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira

A Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira terá unha actuación para conmemorar o seu trixésimo aniversario este domingo 11 de Novembro Auditorio Manuel Dopazo, da Bandeira. A cita será as 18:30 horas e contará coa participación da Banda Cultural de Teo.



Actuación da Banda da Bandeira

II edición da Gratifeira na Praza do Siñor Afranio

A Asociación de Vedciños Olaia, de Silleda, organiza o vindeiro sábado 10 de Novembro unha nova edición da súa Gratifeira, entre as 11:00  horas e as 20:30. Quen queira participar poderá aportar roupa e/ou calzado en bo estado entre as 17:00 horas do venres e as 20:00 hora, contactando con Mari Carmen (639232800) Lucía (666605667) ou Sonia (655852890), mais lembrade que tamén podedes participar simplemente acudindo a desfrutar da tarde cos vosos veciños á Praza do Siñor Afranio.