Etiquetas

viernes, 22 de febrero de 2013

Silleda celebra o vindeiro domingo o día de Rosalía co descubrimento dun mural na rúa Santa Olaia


Silleda, 20 de febreiro  de 2013. Silleda celebrará o vindeiro domingo día 20 o Día de Rosalía, coincidindo co día do aniversario do nacemento da autora de Padrón. Deste xeito tamén se da  cumprimento ao acordo da xunta de goberno local que o ano pasado acordou declarar o 24 de febreiro coma o Día de Rosalía de Castro, para a celebración de actividades diversas en memoria da escritora.
Logo de que o pasado ano se fixera unha lectura pública dos seus poemas a cargo dos traballadores municipais, o Concello de Silleda secundará as propostas da Asociación de Escritores en Língua Galega na celebración deste ano. Así, o concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez Da Torre explica que o vindeiro domingo día 24 se procederá ao descubrimento dun mural na rúa Santa Olaia. A creación, en metacrilato e de 2 por 1 metros, situarase xunto a un muro. Do mesmo xeito o acto, previsto para as 16.30 horas, completarase cunha lectura dos poemas de Cantares Gallegos. “Este ano hai aínda máis razóns para conmemorar este día, xa que se cumpren 150 anos de Cantares Galelgos, a primeira gran publicación en galego do século XIX”, sinala Da Torre. Nos vindeiros días tamén se repartirán por distintos puntos da vila poemas da autora. Para a lectura pública do domingo están convocados colectivos silledenses, asociacións culturais, a comunidade educativa…. nun acto aberto a toda a cidadanía. “Co descubrimento deste mural Rosalía de Castro poderá ter un espazo no rueiro do noso concello”, engade Da Torre.
Nestas actividades colabora ademais a Plataforma Queremos Galego Deza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario